Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV - Baixo Miño

III CONCURSO DE BELENS ORGANIZADO POLO CONCELLO DO ROSAL PDF Imprimir E-mail
Noticias
Escrito por webmaster   
Lunes, 30 de Noviembre de 2009 13:56
BASES
1º.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.
2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 14 e 15 de decembro das 9:00 ás 12:00 e das 16:00  ás 19:00 horas no Centro Social Polivalente.
3º.- Os traballos presentados estarán expostos  a partir do 18 de Decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios, ata o 6 de xaneiro no mesmo centro.
4º.- A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2010 de 17:00h. a 20:00h, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.
Ler máis...
 
CURSO DE IOGA PARA AS NAIS E OS SEUS BEBÉS PDF Imprimir E-mail
Noticias
Escrito por webmaster   
Miércoles, 18 de Noviembre de 2009 17:25
Onte martes 17 de novembro comezou o “Curso de Ioga para nais e bebés” no Concello do Rosal. O prazo de inscrición aínda está aberto para todas aquelas nais que desexen participar. Estas clases de ioga son impartidas por Sabine Pfister e celebraranse unha vez por semana, concretamente os martes de 17 a 18 horas. Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 60 94 50 ou achegarvos ata o Centro Social Polivalente.
Ler máis...
 
PROGRAMACIÓN CULTURAL NOVEMBRO 2009 PDF Imprimir E-mail
Noticias
Escrito por webmaster   
Viernes, 06 de Noviembre de 2009 14:12
A concellería de Cultura do Concello do Rosal presenta unha ampla programación Cultural para este mes mes de Novembro.
- DÍA 7

Proxección da película: MEJOR IMPOSIBLE
escudo_concelloAuditorio Municipal ás 19:00 horas.
- DÍA 14
Proxección da película: MI GRAN BODA GRIEGA
Auditorio Municipal ás 19:00 horas
- DÍA 15
O Grupo de Teatro Agarimo representa a obra:
O ENFERMO IMAXINARIO, de Molière
Auditorio Municipal ás 19:30 horas
Ler máis...
 
CONFERENCIA INFORMATIVA SOBRE A GRIPE A - 27 DE OUTUBRO AS 19.30 PDF Imprimir E-mail
Noticias
Escrito por webmaster   
Viernes, 16 de Octubre de 2009 14:39
O vindeiro martes 27 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal celebrarase unha conferencia infor-
mativa que xirará ao redor da nova gripe, a "GRIPE A". Estas charlas están organi-
zadas pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Conselle-
ría de Sanidade da Xunta de Galicia e neste caso do Concello do Rosal. Achegarase ata a nosa vila para falar deste importante e novidoso tema Margarita Cueto Baelo, xefa do servizo de Medicina Preventiva do Hospital Xeral de Vigo.
 
Festas da Pilarica e XXII Festa do Cabaqueiro PDF Imprimir E-mail
Noticias
Escrito por webmaster   
Viernes, 09 de Octubre de 2009 13:49
O sábado 10 de outubro comezan as Festas da Pilarica e a XXII Festa do Cabaqueiro. As previsións da organización din que serán sen dúbida unhas das máis animadas dos últimos tempos, prolongándose ata o luns 12 e con multitude de actividades para pequenos, mozos e maiores. O programa para este sábado iníciase ás 16 horas co obradoiro para nenos/as de facer tellas. Sobre as 17 horas dará comezo o I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros" organizado polo Concello, coa colaboración da Fundación O Rosal e Caixanova. A partir das 21 horas, e tamén na Praza do Calvario celebrarase o II Festival Folk do Rosal coordinado pola Agrupación Musical da vila actuando os seguintes grupos: Lareira (A Guarda), A Subela (Noia), Os Irmandiños (Vincios) e o Rancho Folclórico de Gondarém (Portugal). Haberá cantina e moitas sorpresas...
Ler máis...